Vari Caramés: a mirada redonda

A colaboración do admirable (e admirado) Vari Caramés no (S8) é un soño longamente acariñado polos seus organizadores, que finalmente se materializou na segunda edición a través da instalación “Pegadas…”. Unha instalación que naceu coa mesma Mostra, ao penetrar no territorio inexplorado e turbador do Antigo Cárcere Provincial deA Coruña, escenario do que Caramés soubo extraer toda a súa savia emocional e significativa. Falamos con Vari Caramés, que nos relata súa relación co Cárcere e a concepción mesma desta obra única da que puidemos gozar nesta segunda edición do (S8). info

Aliados en e coa periferia

O (S8) deu moito de si. Durante os días da Mostra, exploramos da man dos nosos protagonistas os máis recónditos recunchos do Antigo Cárcere, para falar do traballo e as impresións de cada un. A serie comeza con Ángel Rueda, director do (S8), e Beatriz Navas, responsable de audiovisuais de La Casa Encendida, que sosteñen un diálogo sobre os novos camiños do cine e, sobre todo, as vías polas que as creacións máis estimulantes vanse abrindo paso ata o público.

Zoe Beloff pecha o (S8) levándonos a outra dimensión

A última xornada do (S8) ten como protagonista especial a Zoe Beloff. Ademais de poder ver unha mostra dos seus traballos, a artista porá un peche á Mostra transportándonos a outra dimensión coa súa performance en 3D analóxico Claire and Don in Slumberland. Falamos con Zoe Beloff, que nos entreabre unha porta aos seus mundos imaxinarios. info

Cinema Primitivo en España e Portugal no (S8)

Este sábado no (S8) poderemos ver unha mostra de como era o cine e como era a sociedade fai máis de cen anos. A mostra da sección “Arquivos Históricos” tráenos unha colección de películas filmadas no sistema Joly Normandin, formato do que Alfonso del Amo, da Filmoteca Española, nos dará as chaves. info

Playtime audiovisuales: “Cremos na convivencia de todos os formatos”

Enrique e Natalia Piñuel rexentan Playtime Audiovisuais: unha plataforma multitarea cuxa labor é, nas súas propias palabras, “que todo o que mereza ser visto se vexa”. Unha labor que, no seu caso, levoulles desde a distribuír e comisariar mostras, ata a producir nunha vital labor no campo do audiovisual. Natalia Piñuel fálanos sobre a selección ao redor da música e o Super 8 que crearon para a sección “Super 8 Contemporáneo” do (S8). info