Zoe Beloff, a medium do 16mm

O mundo dos soños é un pouco como o máis aló, só que se pode facer ata alí unha viaxe de ida e volta. Dentro da mente de cada persoa existen dominios misteriosos e descoñecidos. Paraxes que podemos alcanzar a través do cine e da performance, grazas a mediums como Zoe Beloff, nesta edición do (S8). info

Guy Sherwin, este venres no (S8)

Falamos con Guy Sherwin, que a tarde do venres ofreceranos, dentro do ciclo Cine Performativo unha mostra do seu fascinante traballo, que expande as fronteiras do cine. info

O Dúo Cobra por o Dúo Cobra

Este sábado, nada mellor que pasar a noite no cárcere. O inclasificable Dúo Cobra ofrecerá unha actuación en directo, que irá acompañada dunha multiproyección baixo o título “Papel Medium”, no (S8). Logo do live show, Jas Processor xunto a Sisco Larinho Dj presentarán REPUBLICA DISCO APOCALIPSO: unha escolma en formato de Vinilo e dixital dende vos anos 40 ata oxe en día. Unha república ecléctica de sons latinos, africanos, electrónicos, con actitude e, abrigo, con moito Groove. Coloreado todo elo con efectos sonoros e filtrado sintetico. Ás 22:00 h no Antigo Cárcere.

A continuación, Dúo Cobra nos dan unas claves para entender su sonido panayonqui. info

Accións e delirios en 8mm. Galicia 1975-85

O ciclo “Outros formatos do cine en Galicia. Cine Recuperado” tráenos un conxunto de traballos que dan fe da escena creativa sen igual que houbo en Coruña entre finais dos 70 e principios dos 80. Falamos con Xurxo Taxes, comisario desta mostra xunto con Ánxela Caramés. info

Mulleres, pero non baixo a influencia

Algo pasa en Galicia ou, polo menos, algo pasa na nova xeración de artistas galegas. Sen ánimo de etiquetar novas tendencias ou escolas, isto é algo que deixa patente a sección “Outros formatos do cine en Galicia. Hoxe” elixindo a catro creadoras ben distintas entre si, entes autónomos, en continua ebulición formal e ideolóxica: María Ruído, Peque Varela, Lara Bacelo e Xisela Franco. info