Aberta a convocatoria de INPUT 2018
INPUT é un espazo de titorización de proxectos cinematográficos en desenvolvemento que xorde da colaboración entre a Fundación Luís Seoane e o (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico, mediante o que 3 autoras terán acceso a 3 profesionais de prestixio internacional do ámbito do cinema e da arte, cos cales poderán discutir arredor dos seus proxectos, dende o estado de escritura e desenvolvemento até o de distribución.
A finalidade deste programa é apoiar proxectos audiovisuais de calidade, dando a oportunidade ás autoras de repensar o seu proceso creativo, mellorar a obra, localizar fontes de financiamento e lograr a distribución máis acaída para as pezas.
Dende o 6 até o 27 de abril estará aberto o prazo de envío de proxectos, que será totalmente gratuíto, para o que debes enviar a seguinte documentación (en castelán e inglés) ao correo electrónico [email protected]:
- -Sinopse: máx. 1 páxina
- -Descripción do proxecto: máx. 3 páxinas
- -Teaser (se ten): máx. 3 minutos
- -2 fotogramas ou imaxes relacionadas co proxecto (se ten)
- -Bio da solicitante con ligazón á súa web (se ten): máx. 1 páxina
- -1 fotografía da solicitante
- -Email e teléfono de contacto
O día 3 de maio faranse públicos os 3 proxectos seleccionados que participarán en INPUT 2018.
As titorías terán lugar na Fundación Luís Seoane da Coruña o 31 de maio e o 1 de xuño no contexto do (S8) 9ª Mostra Internacional de Cinema Periférico.
Titores:
Cíntia Gil. Directora de Doclisboa (Portugal)
James Lattimer. Programador da Berlinale Forum (Alemaña)
Isabel Orellana. Programadora no Festival Internacional de Cine de Valdivia (Chile)
Para máis información, podes descargar as bases na siguiente ligazón: Bases INPUT 2018_GAL
Calquera dúbida será atendida en [email protected].